Stone Island Marina 2024
X a temos aquí o novo "timo" do verán do 2024, a xa clásica colección de Stone Island "Marina". Esta colección, a cal cada ano adiántase en canto as datas, mestura as técnicas da clásica marca italiana e a súa tendencia de corte militar, con texidos e cortes propios das prendas mariñeiras. Cando falamos de prendas mariñeiras referímonos a unha estética propia dun patrón de iate ou dun mariñeiro estereotipado que anuncia, ao ritmo de música clásica, a última fragrancia dunha casa francesa de perfumaría. Non atoparemos, polo tanto, prendas versátiles enfocadas ao traballo, senón unha roupa de "veraneo" propia das vacacións de Mr. Ripley en Mongibello. Destacan os cortes anchos e os tons tipo pastel (en gamas cromáticas frías, que popularmente asociamos aos climas cálidos), destacando os degradados progresivos e a pulverización dos pigmentos a través da técnica do aerógrafo. Coma sempre, a colección "Marina", fuxe da insignia de marca propia ...









