Bunbury (3): Posible

Tras unha longa xira baseada no penúltimo plástico "Expectativas", un parón indefinido e a edición dun directo (por non falar da reedición de "Pequeño") chega un novo LP ao mercado da man do "Huracán" e mailo seu equipo titular "Los Santos Inocentes".
Este novo traballo profundiza, de novo, nos sons electrónicos e atmosféricos, introducindo ritmos moi densos e duros en moitos dos 10 temas que inclúe este disco. A este son súmaselle letras introspectivas que recollen o relevo das "Consecuencias" a nivel temático, así como determinados estribillos que atoparían un gran espazo en vellos traballos como "Palosanto".

Na miña opinión "Posible" reivindica a etapa máis discutida de Enrique Bunbury, como é o seu primeiro CD en solitario "Radical Sonora" (profundamente discutido pola súa proximidade cas estruturas clásicas do rock de "Héroes del Silencio", xerando descontento entre parte dun fandom xa esquecido). Así que novamente atopamos unha mostra de valentía musical deste clásico do Rock en castelán, amosando que aínda que pasen os anos o risco é o principal motor creativo do artista maño.
Tardaremos en escoitala posta en escena, ca xa clásica adaptación dos temas máis míticos ao son planeado neste LP, pero cando unha banda leva tantos anos sobre o escenario só garante calidade en tódalas fases do show. Aínda así os seus seguidores esperamos ansiosos un novo concerto do mestre Enrique, aínda que toque apretalos dentes e superar esta pandemia.

Como reza o novo tema "Mis Posibilidades (Interstellar)": Las cosas por su nombre/ Responsable solo soy/ De lo que escribo y digo/ De lo que entiendas o no.


Comentarios

Publicacións populares