Stone Island Marina 2024
Cando
falamos de prendas mariñeiras referímonos a unha estética propia dun patrón de
iate ou dun mariñeiro estereotipado que anuncia, ao ritmo de música clásica, a
última fragrancia dunha casa francesa de perfumaría. Non atoparemos, polo
tanto, prendas versátiles enfocadas ao traballo, senón unha roupa de
"veraneo" propia das vacacións de Mr. Ripley en Mongibello.
Destacan
os cortes anchos e os tons tipo pastel (en gamas cromáticas frías, que
popularmente asociamos aos climas cálidos), destacando os degradados
progresivos e a pulverización dos pigmentos a través da técnica do
aerógrafo.
Coma
sempre, a colección "Marina", fuxe da insignia de marca propia de
Stone Island, e evita a estrela de catro puntas que emprega a compañía nas súas
prendas máis discretas.




Comentarios
Publicar un comentario