Acontravento
Hoxe achego unha nova crónica dunha marca de roupa que dará que falar no corto prazo. Falo de Acontravento, unha nova tenda procedente da Comarca do Baixo Miño baseada no comercio de proximidade e na depuración dun galeguismo estético xa existente pero limitado a prendas exclusivamente políticas en clave nacional.
Cabe subliñar que esta nova tenda online atópase en proceso de crecemento, seguramente motivado por uns inicios sempre complicados, pero xa amosa maneiras na concepción do deseño e as prendas dispoñíbeis. Como tónica xeral, a citada marca, actualiza deseños clásicos (como é a xa clásica Serea de Castelao) e aporta novas liñas estéticas que misturan deseños esteticamente tradicionais con elementos propios do país (un claro exemplo é o súadoiro "A Xustiza Pola Man").
Na miña opinión esta marca abre un novo espazo a nivel estético galeguista, xa que racha cas tradicionais camisolas cómicas doutras marcas e céntrase no coidado do produto e a elegancia dos seus deseños. Se fóramos pedantes definiríamos Acontravento coma unha nova Brand que achega unha nova concepción do StreetWear as nosas rúas.
Actualmente dispoño dun par de prendas deste proxecto, e podo afirmar que tanto a web como a resposta dos propietarios foi profesional e atenta, facilitando o proceso de compra. Agora toca seguilos seus pasos para confirmar que o proxecto ten unha viabilidade real e albiscar se o crecemento en ventas repercute nun aumento da calidade dos tecidos empregados e os procesos de serigrafía e bordado.
Achego un enlace da sua web online de cara a apoiar este interesante proxecto: https://acontravento.gal/etiqueta-producto/galiza-gl/




Comentarios
Publicar un comentario