Polaroid (3): Música
Hoxe toca continuala nosa clásica sección fotográfica con novas imaxes que consiguen captala forza da música a través da imaxe, representar a figura dun artista ou transmitir unha paisaxe mental que aporta sentido ao traballo musical en cuestión.
Toca destacala dificultade que este traballo require, xa que a fotografía é un elemento clave na produción discográfica que debe aportar información a un arte auditivo. Esta interrelación dos sentidos, proxectados na nosa mente, axudan a dotar de contexto un LP e a reafirmala imaxe artística dun grupo.
A icónica portada dun dos mellores traballos de "Celtic Frost" (To Mega Therion) que marcou un antes e un despois na liña estética do Black Metal. Esta portada recibe o nome de "Satanás I" e realizouse polo pintor H.R. Giger. Todo un clásico.
Fotografía dun concerto do controvertido Jerry Lee Lewis. O artista de Lousiana inspirouse dende que era cativo coa música negra que escoitaba dos predicadores que habitan no chamado Cinturón Bíblico de Estados Unidos. Estes elementos mistúranse con novos estilos de corte máis "branco" xerando un son único e recoñecible que levou o artista ao Salón da Fama do Rock N´Roll dende 1986.
Bob Dylan sempre foi un "freak" da súa imaxe persoal, mantendo sempre unha postura distante ante todo o que implica o concepto visual na música (a vista está o seu derradeiro concerto na capital da Galiza onde non iluminou o escenario). Aínda así coida perfectamente a súa pose introvertida e compositora, sempre de punta en branco cun pelo despeinado e unhas gafas de sol que reforazan a súa adversión ao contacto persoal cos seus fans e periodistas.

Un deses grupos que non colleitaron o que merecían, Vixen foron un dos mellores grupos de Hard Rock no seu momento, bebendo da estética Glam que mudou o Rock duro dos anos 70. Esta banda íntegramente femenina sempre aproveitou os tonos rosa chicle na súa presentación gráfica, provocando a dicotomía entre un estilo moi duro musicalmente e unha imaxe de "boas rapazas" (plenamente recomendabel o seu primeiro LP homónimo).

Comentarios
Publicar un comentario