Aplicacións Dixitais: "Disney Plus"

Comezamos unha nova sección onde analizarei as diferentes aplicacións audiovisuais "mainstream" que atopamos, a día de hoxe, na maioría dos fogares do mundo occidental. Esta nova forma de achegala cultura cinematográfica aos fogares, por un prezo razoable, mudou a industria internacional priorizando a produción de series de alta calidade que xeran un maior número de ingresos que os largometraxes máis clásicos.
É de obriga salientar que esta análise é plenamente subxectiva, froito da miña experiencia coas diversas aplicacións. Non é, polo tanto, unha análise minimamente razoada en torno a elementos como o soporte informático da aplicación, senón unha visión persoal dos "pros e contras" de cada plataforma.

Disney Plus é o novo buque insignia da superprodutora americana, que "arruma" a súa proposta as tendencias actuais, procurando gañarlle pola man as plataformas máis clásicas con anos de experiencia (e clientela fidelizada) as súas costas. 
Como primeira impresión toca recoñecelo acerto da liña estética da web, apostando polo azul e o negro (ou azul moi escuro) coma cores principais. Esta mistura é agradábel visiblemente e presenta unha imaxe moi seria en comparación con aplicacións de tendencia mais xuvenil neste ámbito (Netflix, concretamente), rivalizando coa elegancia e sobriedade da HBO (para min o principal expoñente no deseño dunha interface adulta). 
O seu contido é espectacular en canto a biblioteca, xa que recolle tódala filmografía da compañía, sen importar a produción temporal da mesma (feito a agradecer para o consumidor máis maduro); pero cunha escaseza subliñable en canto as series en comparación co resto das apps. Por dicilo así Disney Plus é unha compilación da compañía de acceso libre para o usuario, pero non é unha plataforma viva que aporte novidades e variedade con frecuencia.

Pola parte positiva destaco o feito de que é a mellor aplicación para os pais e nais con fillos cativos, xa que Disney é o emblema occidental das películas de animación, así como a incorporación de franquicias como Star Wars (fiquei sorprendido pola gran calidade de "The Mandalorian") ou Marvel.

Pola parte negativa subliño a dificultade do buscador da aplicación e das recomendacións da mesma, xa que estas non son personalizadas; sumándolle a estes feitos un sistema de rebobinado, selección de esceas e elección dos capítulos moi deficiente en comparación coa mellor app neste senso: Netflix.  Tamén destaca a escaseza de documentais, sendo na súa maior parte de National Geografic, e a falla de produción de contido adulto.

Como conclusión dicir que non sería, nin de broma, a miña primeira elección como plataforma no fogar (a non ser que a fidelidade a unha das franquicias, coma PIXAR, sexan importantes para o cliente).


Comentarios

Publicacións populares