Castelo de Osma
Hoxe falaremos
dunha construción estratéxica clave na que se disputaron as Terras do Douro
espanholas durante a chamada Reconquista. Este lugar non é outro que o
"Castillo de Osma", situado nunha paraxe espectacular coma é a
Provincia de Soria (a cal recomendo profundamente visitar) e de libre aceso ao
público.
Este castelo goza
dun emprazamento clave para manexala depresión do Douro dende unha situación
estratéxica privilexiada, situándose nun alto dificilmente accesible cunha
construción sólida propia dos séculos X e XI. O emprazamento ten tres círculos
amuraiados para unha mellor defensa, sendo inexpugnable mediante armas de
asedio ou ataque frontal de infantería (sendo as dúas estratexias máis comúns
neste momento histórico).
As fontes
históricas indican que este emprazamento sobreveu a un ataque do maior
gobernante musulmán da Península Ibérica Abdherraman III, invatible no campo de
batalla e moi superior tecnolóxicamente aos seus coetáneos, con tan só 50 homes
atrincheirados. Esta vitoria moral baseouse no abandono das almenas polos
soldados de Osma, construíndo rendixas na base do Castelo para evitala
destrución da artillería polas máquinas de asedio de Abdherraman. É un exemplo
claro de como a arquitectura é capaz de gañar un asedio nas peores condicións,
xa que a artillería do Castelo conseguía debilitala posición inimiga sen sufrir
danos, gañando a contenda nun plano moral.
Cabe destacar a
presenza de grandes torres de defensa, así coma unha torre da auga moi avanzada
para o seu momento. Actualmente dito Castelo restaurouse, sendo unha visita
obrigada tras coñecer Medinaceli.
Soria,
definitivamente, é unha desas paraxes onde deixaron pegada cultural e histórica
civilizacións tan importantes como a Romana, a Musulmana e a Cristiana. Esta mestura,
sumada a unhas paisaxes preciosas e unha gran gastronomía, converten a Soria
nun dos lugares de obrigada parada.
Mas si trepáis a un cerro y veis el campo
desde los picos donde habita el águila,
son tornasoles de carmín y acero,
llanos plomizos, lomas plateadas,
circuidos por montes de violeta,
con las cumbres de nieve sonrosado.
"Campos de Soria" Antonio Machado



Comentarios
Publicar un comentario