Hunters e o Sionismo
Proseguindo a derradeira entrada do blogue, onde analizaba o guión "tarantiniano" e a estética estilo Scorsese da nova serie de Amazon Prime, procedo a achegalo debate que subiace o argumento desta obra: o Sionismo.
Ao final toda a serie analiza, dende unha perspectiva interna, o conflito xudeu e os traumas acontecidos no holocausto Nacional Socialista Alaemán, a sede de vinganza e a auto protección do pobo xudeu e as súas tradicións. Porque ao final a "caza de nazis" comandada polo Estado de Israel en territorio estadounidense baséase na lóxica do "Nunca Máis" ou, como se coñece a nivel máis científico, a estratexia do ataque preventivo.
A lóxica do ataque preventivo é unha constante do nacemento como Estado de Israel en territorio Palestino, tralo outorgamento da comunidade internacional deste territorio aos xudeus tralos crimes de guerra perpetrados pola potencia xermana (previamente Israel xa foi sede de diásporas xudías durante o século XX, pero estas baseábanse en ideais utópicos e socialistas). Esta estratexia baséase na defensa propia e a esperanza de non ser perseguidos de novo, propiciando os ataques militares do Estado de Israel como medida disuasoria cara as potencias estranxeiras.
Ao fin e ao cabo o sionismo, como ideoloxía política totalitaria e supremacista xudía, sostense nunha realidade: a contínua persecución do pobo xudeu a través de séculos de historia. E esta realidade é a que articula o motor da serie, o verdadeiro debate subxacente do argumento, que non é outro que a dicotomía moral do protagonista entre a lexitimidade dos seus feitos e a decisión de dar caza a criminais alemáns captados polo Goberno de USA de cara a gañar posicións na Guerra Fría (captacións moitas veces promocionadas por xudeus estadounidenses que entendían o Socialismo como un mal maior fronte asasinos do pobo xudeu).
Como gran representante do Sionismo na serie está o principal personaxe secundario "Meter Ofertan" (interpretado por Al Pacino), que comanda un grupo de "caza nazis" baixo a idea de víngalas afrontas surxidas polos nazis durante a Segunda Guerra Mundial. Durante toda a serie o espectador recibe discursos de contido sionista máis que lóxicos, xa que o que pretende esta obra é amosala racionalidade e o sentido do sionismo fronte a as contradicións que implican o emprego de estratexias moi similares as empregadas polos nacional socialistas alemáns durante a Shoà.



Comentarios
Publicar un comentario