Recomendacións Audiovisuais para tempos de Cuarentena (1)


Moitos de vos estades na casa estes días cumprindo a normativa institucional da corentena preventiva ante a pandemia do Coronavirus. Dende aquí achego unha serie de recomendacións audiovisuais por se quedades sen ideas: 

- The Purge (Amazon Prime Video): unha vez ao ano as normas de convivencia quedan en suspenso, permitíndose o asasinato e calquera delito durante 24 horas. Para unha parte da poboación americana constitúe un dereito, para a outra unha escusa para reducir poboación en situacións de pobreza e necesidade. Debate ético perfectamente producido.


- The Office (Amazon Prime Video): un clásico da comedia de situación, unha verdadeira marabilla da man de Steve Carell que racha ca cuarta parede, introducindo por primeira vez o formato do "falso documental" como motor narrativo.


- The Wire (HBO): para moitos a mellor serie da historia. Unha radiografía social e política de Baltimore onde non existen verdades absolutas. É unha serie que require unha constancia no seu visionado, así como moita atención para non perder detalle das marabillas que agocha esta obra de David Simon. 
       



- Les Miserables (Amazon Prime Video): traslado do musical baseado nas novelas de Victor Hugo a gran pantalla. Película tediosa se non aprecias os musicais, pero plenamente recomendable pola fotografía e a brillante historia que mistura elementos como a relixión, a pobreza e a Comuna de París.

- Grace and Frankie (Netflix): comedia absurda con protagonistas pouco usuais nesta clase de producións. Divorcios, parellas homosexuais, menopausia, drogas e un largo etcétera de detalles que rachan co que entendes como unha serie de comedia. Recomendable ao cen por cen.


- Zombies Party (Netflix): desternillante comedia británica sobre unha apocalipse zombie. Difícil de resumir sen destripalo argumento, pero esquecede todo o que souberades sobre xestionar unha situación de apocalipse.



- Blue Jasmine (Netflix): unha rica vida a menos abandona a súa mansión para vivir ca súa irmá en Brooklyn, todo isto propicia unha serie de situacións onde a clase social marca as aspiracións de cada protagonista. Cun argumento así esta película ten unha firma clara: Woody Allen.


Comentarios

Publicacións populares