Primarias Demócratas en USA
Atopámonos inmersos no proceso de elección do candidato Demócrata a Presidencia dos Estados Unidos de América, primarias sempre relevantes polo feito do gran abanico de candidatos que pelexan nesta carreira e a importancia do voto das diferentes minorías conforme aos candidatos e as idiosincrasias particulares de cada Estado conforme a súa historia, raza, etnia ou relixión.
A esta xa clásica problemática do Partido Demócrata súmaselle que o candidato electo para as eleccións presidencias enfrontarase nin máis nin menos a un Donald Trump que representa un novo republicanismo baseado na clase obreira blanca do Cinturón do Óxido (profundamente abandoado pola administración Obama, que centrou as súas liñas políticas en mudar elementos como a Sanidade ou a cuestión de xénero mentres permitía que as industriais presentes no Rust Belt trasladáranse a China deixando a Estados principalmente demócratas nunha situación de paro estrutural e un profundo descontento con todo o que cheire minimamente a Demócrata).
Nesta loita, a día de hoxe, atopamos a un Bernie Sanders (Senador do Estado de Vermont) lixeiramente prexudicado polo que o americano medio entende como Socialismo e un apoio xuvenil e latino moi importante; na outra esquina está Joe Biden, peso pesado da administración Obama e candidato respaldado polo "establishment demócrata".
Novamente a esquerda estatal española pecou de idealismo e descoñecemento nestas primarias, augurando un triunfo de Sanders tras unha ampla vitoria no Estado de Nevada (Estado cunhas diferencias rexionais moi importantes entre North Vegas e South Vegas, así coma unha poboación insignificante en comparación con outros Estados). Esta vitoria de Bernie foise a pique no momento en que o SuperTuesday decantou a favor de Biden territorios que Sanders contaba como propios, xa que a maioría dos candidatos Demócratas retirouse da pelexa pedindo o voto para Biden, provocando así unha presión maior sobre o candidato esquerdista Bernie Sanders.
Cabe subliñar que o apoio da Senadora de Massachusetts Elizabeth Warren a Joe Biden decantou definitivamente esta pelexa, xa que a senadora cubría un electorado progresista importante de raza blanca con estudos universitarios (de alí a súa representación senatorial, xa que Boston alberga as mellores universidades da nación), sumándose ao amplo apoio da comunidade afroamericana a Joe Biden.
A guinda deste pastel aconteceu onte no chamado "MiniTuesday" onde a derrota do Senador de Vermont en Estados coma Michigan verifican a ampla derrota neste proceso das primarias Demócratas.

Comentarios
Publicar un comentario