El Pueblo
A produción de Atresmedia en colaboración con Amazon Prime Video chegou aos nosos dispositivos informáticos no ano 2019 da man de Contubernio Films (produtora de series de tal magnitude como "La Que se Avecina"). Esta nova serie cómica amosa unha serie de situacións rocambolescas ambientadas nun pobo supostamente abandonado de Soria chamado Peñafría.
Asumindo unha problemática existente no Estado Espanhol, como é a despoboación rural e a perda dos modos de vida tradicionais, esta serie (de capítulos longos de aproximadamente 50 minutos) aproveita esta situación para trasladar a un elenco de personaxes "clixé" a unha realidade paralela onde as tramas entrecrúzanse xerando situacións ridículas.
Neste elenco variopinto de personaxes atopamos unha caricaturización da poboación rural, existindo unha serie de personalidades icónicas coma o "paleto" de pueblo, o alcalde "bonachón" e o vello "cascarrabias", sumado a uns novos veciños que xiran dende hippies "perroflautas" a rockeros en decadencia, hipsters ou antigos empresarios en banca rota debido a "Trama Gürtel". A convivencia entre estas personalidades nun novo espazo dará lugar a unha serie magnífica e amena que, na miña opinión, sitúase no Top 5 das comedias de situación filmadas en lingua española.
Cabe destacar unha actuación memorable de Ruth Díaz, explotando unha personaxe sumamente complicada; así como un magnífico Carlos Areces que sempre está a un nivel espectacular en tódolos seus traballos. Pero sobretodo, esta serie reconcíliame cun Santi Millán que non me convencía dende a xa histórica "7 Vidas".
Persoalmente destacaría a actuación de Jairo Sánchez, un actor non recoñecido polo público máis mainstream, pero que xa desenrolou papeis relevantes nas producións de Diffferent Entertainment da man de David Sainz. Sempre é un pracer seguir a actores debutantes da canteira do mellor Director de comedia española actual sen lugar a dúbidas.
Recomendo profundamente a visualización deste novo produto de Amazon Prime Video, diversión e profundidade ao máis puro estilo dunha sitcom americana.



Comentarios
Publicar un comentario