Rutina e Disciplina

Hoxe toca divagar sobre conceptos e características humanas que resultan curiosas para analizalos comportamentos sociais das comunidades e culturas. Por un lado atopámola rutina, que podemos definir coma un conxunto de actividades e procedementos que conforman o devir diario dunha persoa. Resulta fundamental destacalo feito de que a rutina, para ser rutina, debe ser interrompida en datas concretas ou períodos establecidos, xa que a ruptura do proceso é o que outorga a rutina a característica de procedemento continuado.

A disciplina, polo contrario, poderíamos definila como a rutina imposta ou a obriga a rutina. Por poñer un exemplo afirmaríamos que o feito de afeitarse antes de ilo traballo, ou a unha festa, forma parte dunha elección propia que se realiza dunha forma periódica cada mañá (é dicir: unha rutina), mentres a obriga dun mando militar a supervisalo afeitado de tódolos militares ao seu servizo convirte dita rutina en disciplina. 
Neste momento comezarían as dudas a cerca da interrelación entre estes dous conceptos, xa que a pregunta lóxica sería a seguinte: ¿Cal é o motivo da imposición da disciplina?, pois non é outro que a modificación da mente para provocar que esta reaccione ante situacións inesperadas de dificultade. A importancia militar da disciplina baséase en que a realización de actos mecánicos provoca automatismos que son favorables no momento de actuar ante unha situación non programada.

A realidade e que o establecemento de rutinas e patróns na nosa vida fainos o que somos, entre outras cousas porque acostumamos a nosa mente a realizar un procedemento mecánico onde os seres humanos atopámola calma, xa que convertemos unha tarefa nun mecanismo inconsciente.
Polo tanto ao meu parecer, e a modo de conclusión, o conxunto de rutinas que se reproducen xeracionalmente polo ser humano en sociedade son as que conforman un elemento fundamental das culturas humanas. Se misturámola rutina cunha simboloxía apropiada, atoparémola "clave de bóveda" para analizar e previr os comportamentos humanos ante feitos significativos. 


Comentarios

Publicacións populares