Felices Festas

Xa chegou unha das épocas máis festivas do ano, onde a importancia da familia pasa a un primeiro plano e as celebracións e festexos adquiren un aura máxica onde os raparigos e raparigas son protagonistas.

O Nadal na Galiza mistura elementos tradicionalmente católicos con ritos paganos, así como un novo formato de celebración que substitúe a figura de Papa Noel polo famoso carboeiro do Courel "O Apalpador". Esta figura súmase ao xa clásico Olentzero de Euskadi e ao Tió de Nadal catalán como un mecanismo de resistencia ante unha tradición foránea coma é a figura mercantilizada, e de corte protestante, que representa San Nicolás.

Máis alá do consumismo e das costumes sociais importadas, chega unha época máxica que cada ano suma adeptos nunha nova ritualidade baseada no gusto decorativo, moda apropiada para as datas e un rexurdimento das postais navideñas (agora americanizadas co formato do "Christmas"). Pero a importancia reside, ao fin e ao cabo, nun protagonismo de gozar da maior festa invernal ca xente que importa ao teu carón.

Dende este blogue aproveito a ocasión para desexarvos felices festas e animarvos a continualas tradicións que forxan a nosa rica cultura (tanto os elementos festivos relacionados ca Epifanía e nacemento de Cristo, como os ritos paganos propios de Saturnalia).

Feliz solsticio de inverno a todos. 
 

Comentarios

Publicacións populares