Anos 20 con nome de muller
Un dos principais movementos de ruptura e modificación do que ata a época se entendía como o concepto de feminidade ,e o que unha muller podía ou non podía facer, viu da man dun proceso que non goza de protagonismo nun momento onde o feminismo representa un dos principais movementos transformadores da sociedade occidental. A denominación desta "revolución feminina" denominouse como Flapper.
As Flapper foron mulleres, maioritariamente brancas, que aproveitaron a bonanza económica dos Anos 20 para modificala estética imperante e os modos de vida da xuventude. Neste momento as mulleres romperon co corsé como prenda feminina básica, adoptaron saias cortas, asumiron como expresión artística o Art Decó e cortáronse o pelo ao "Garçonne"; pero non toda a revolución foi estética, xa que estas bebían, fumaban, se drogaban, conducían deportivos e practicaban "petting" (expresando abertamente a sexualidade feminina nun mundo profundamente conservador).
Para entendelo fenómeno Flapper é fundamental falar do Jazz, unha música de raíces negras onde o baile e os movementos corporais rompían tódalas barreiras, sumindo aos visitantes dos clubes privados nunha sensación de euforia e luxuria. O Jazz converteríase así na música asociada a xuventude branca dos anos 20 en Europa, mentres que en USA servía como refuxio alcohólico no momento da desastrosa Lei Seca.
Das flapper parten figuras tan míticas como Betty Boop (clara influencia estética) ou o que hoxe en día chamaríamos Pin-Up; pero sobre todo influíron nun dos escritores máis importantes da historia estadounidense: F. Scott Fitzgerald, o cal conseguiu definir esta nova sociedade urbana de desenfreo e bonanza na súa obra magna "El Gran Gatsby".
Tristemente todo este proceso quebrouse a raíz da Gran Depresión que supuxo o crack do 29, como gran detonante dunha nova época marcada polos totalitarismos e a Gran Guerra.




Comentarios
Publicar un comentario