That '70s Show

Hoxe falaremos dun clásico da FOX, unha serie estreada no ano 1998 que reflexa a vida dun grupo xuvenil nos anos 70 en USA. 

O primeiro é definir o espazo no que a trama cobra vida, que non é outro que o Estado de Wisconsin. Este Estado caracterízase por conformar un dos grandes centros poboacionais do Norte estadounidense, onde a súa proximidade a Canadá marca a forma de vida dos habitantes, que se refuxian no sentimento tipicamente americano coma contraposición ao "xigante branco". Wisconsin é un deses Estados maioritariamente branco, onde a maioría poboacional é de descendencia xermana (pese a presencia dun colectivo importante na conformación territorial coma é o italiano) e destaca pola gran importancia do catolicismo, feito que marca a forma de vida da rexión.
Nesta serie o verdadeiro detonante é Red Forman, o pai de Eric, que amosa a parte máis conservadora da xeración dos anos 50 e 60, marcada polos conflitos bélicos, a bonanza económica e a conformación do sentimento estadounidense. Este personaxe, politicamente republicano, permite o desenrolo da vertente cómica, xa que permite visualizalo "choque cultural" co seu fillo, membro dunha xeración volcada a esquerda política coma reacción a xestión de Nixon e Ford, a Guerra do Vietnam e o auxe do Rock coma movemento contracultural.
Non é casualidade que no primeiro capítulo da serie a liña argumental céntrese na crise económica que leva a fábrica de Red a recortala xornada e deixalo na casa. Este feito amosa unha realidade típica dos 70, onde a xeración que morreu polo seu país en Europa e Corea quédase sen traballo, supoñendo unha grave crise de valores nunha sociedade sumida na Guerra Fría e o medo ao ruso.
A través do grupo de Eric Forman viaxamos por uns anos 70 onde a marihuana cobra especial importancia como símbolo contracultural, trasladando esta situación ao clásico círculo de conversación no seu sótano; os conflictos entre Veteranos, Guardia Nacional e Objetores que viaxaron a Canadá; a profunda rivalidade con Minesota e os Vikings ou a liberdade sexual e o feminismo.
Recomendo contemplala serie dende as dúas ópticas posibles: a parte máis cómica e entretida e a antropolóxica e social, descubrindo unha imaxe dos Estados Unidos máis crítica e real que en moitas producións supostamente realistas. 
Tamén quixera destacar que esta sitcom reflexa unha realidade pouco presente na produción audiovisual americana, como é a vida do norte do país, moitas veces esquecida por un Sur mitificado que non reflexa a verdadeira realidade do xigante americano.


Comentarios

Publicacións populares