Tintín

Todo o que me coñece sabe da importancia dos míticos cómics de Hergé na miña vida, en concreto na miña infancia. A primeira vez ca un destes tebeos, de "liña clara", chegou a miña man foi a edición clásica de Tintín en el Congo, no que se recolle a visión profundamente racista do autor belga e a súa opinión da escravitude. Este feito non chamou a atención dun cativo entusiasta que buscaba vivir aventuras dende a súa cama, porque iso é Tintín: aventuras e viaxes acompañados dun número limitado de personaxes (e un can) que aportan a comedia a temas máis serios.
A "guinda ao pastel" a puxo El Tesoro del Unicornio, onde misturábase a clásica aventura de final feliz co mundo náutico e a piratería, paixón que manteño a día de hoxe. A partir desta adquisición dispúxenme a coleccionar tódolos cómics, así como materiais ligados ao mundo de Tintín (a día de hoxe dispoño da colección completa de cómics, chaveiros, camisetas, cadros e unha réplica do cohete que levou a Tintín e aos seus amigos a Lúa). 
Aínda leo os cómics cada certo tempo, miro a serie animada que os meus coetáneos sen dúbida coñeceran e busco novo material deste apaixónante mundo tintinófilo. O certo é que aínda trasládanme a países que nunca coñecerei, a lugares agochados da terra e do mar; xa que gracias a Tintín atopei tesouros, coñecín Taiwán, busquei un boneco sen media orella no amazonas, perdinme no deserto, axudei a un monarca eslavo a coroarse tras atopalo seu cetro, merqueime unhas botas vaqueiras no oeste de USA e ata atopei as xoias dunha cantante de ópera (por non falar dos meus encontronazos, e posterior amizade, co General Alcazar).


Comentarios

Publicacións populares