125 Anos de Barbour


A icónica marca escocesa cumpre 125 anos, transcorrendo 5 xeracións de innovación e clasicismo, con prendas de corte sobrio vinculados a elite, onde a inspiración marítima mistúrase ca tradición cazadora da campiña británica.

Estas prendas danlle vida a personaxes que marcaron unha forma de concibila estética de elite no Reino Unido, converténdose en roupa digna da Casa Real Británica. Os cortes das súas chaquetas evocan tempos pasados onde o mundo permanecía estático e os ideais vitorianos marcaban o modo de vida da poboación. A esta liña de deseño tan elegante contraponse a vinculación de Barbour co exército británico nos conflitos bélicos pasados, onde a marca poríase ao servizo das necesidades bélicas vestindo a oficiais e militares (destacando a brigada motorizada).

Estes dous mundos que Barbour reúne na súa historia posibilitan unha versatilidade do seu catálogo, permitíndose a produción de prendas máis urbanas sen descoidala vertente estética máis elitista.

Para festexalos 125 anos da empresa reedítanse icónicas prendas a par que actualizan un catálogo cheo de sorpresas para damas e cabaleiros.
                                                                                                               


Comentarios

Publicacións populares