Room in New York


Hoxe achego esta peza do célebre pintor estadounidense Eduard Hopper (Estado de New York en 1882), pintor e trotamundos que conmoveu a súa xeración a través da súa colección de obras "Escenas Estadounidenses.
Este artista, fanático de Goya, obsesionouse ca realidade Contemporánea que supoñía o capitalismo feroz da súa terra. Unha nova época marcada pola soidade e os pensamentos individualistas, onde a realidade alonxábase do suposto "soño americano" converténdose nunha vida sedentaria, carente do sentemento de comunidade que marcara a sociedade de antano. 
As súas obras así o expresan, coma esta "Room in New York", onde o sentimento de tristeza conmove ao expectador.
Tiven a inmensa sorte de contemplalas súas obras nunha exposición itinerante na Tate Modern de Londres, xa que a maioría das súas pinturas atópanse na súa cidade de nacemento, no museo MoMA.
De fondo soa "Frío" de Abraham Boba, na súa época en solitario cando xiraba con Nacho Vegas (nunha etapa anterior a conformación de León Benavente).


Comentarios

Publicacións populares