O Estado do Tesouro
O Estado de Montana atópase na fronteira con Canadá, albergando no seu amplo territorio a maioría das Montañas Rocosas, feito polo cal é un dos Estados con menor poboación de todo USA. Pese a ser maioritariamente seco, as temperaturas son frías e a súa vexetación abundante, os ríos modulan toda a súa xeografía e a economía principal basease na agricultura (feito polo cal a maioría de vehículos son pickup).
As súas terras acollen numerosas reservas indias, as cales intégranse a perfección cas paraxes definidas no parágrafo anterior. Pese a influencia indíxena, este Estado é maioritariamente branco, con poboación principalmente xermánica e escandinava; sendo, polo tanto, dunha inclinación relixiosa protestante moi clara (pese a todo, a poboación irlandesa convirte a fe católica na segunda relixión do Estado).
Politicamente é un Estado variable, incluso dividido, xa que non se adscribe a un partido de forma clara. A súa representación é dispar, aportando as cámaras nacionais tanto Demócratas como Republicanos. Tamén cabe destacar que foi o primeiro Estado en elixir a unha muller como Congresista dos Estados Unidos, e un dos pioneiros do voto feminino.
A súa lexislación armamentística é nitidamente "americana", xa que case o 70% da poboación ten armas en casa, podendo levalas en público, así como mercar libremente ametralladoras e armas automáticas. Nos institutos do Estado existe unha sinatura propia que permite o acceso a licencia de armas (polo visto, a importancia das armas para os habitantes de Montana é un símbolo das súas orixes).





Comentarios
Publicar un comentario