Erdinger Dunkel
Hoxe recomendarei unha cervexa que considero coma unha das mellores a venda en grandes superficies (sempre e cando teñan unha sección internacional minimamente competente). Claramente é unha cervexa "mainstream", accesible tanto en prezo coma en cantidade, xa que reservo recomendacións artesanais para futuras entradas deste blogue.
En xeral non son ningún fanático das cervexas alemanas, as que considero de gran calidade, pero os meus gustos son máis británicos en canto a este mundo se refire. A cervexa pola que sempre optaría nun Pub sería por unha pinta de Ale ou, en momentos máis calorosos, por unha Ipa; sendo a miña cervexa habitual a Newcastle, unha clásica Brown Ale do condado de Yorshire que incorpora certo doce do xarope na súa receta tradicional.
Pero a recomendación que achego hoxe é a Erdinger Dunkel, a que considero coma unha gran opción para ese momento no que un chega a casa despois do traballo e ponse ao día ca parienta sobre as novidades vitais.
A cervexa tipo Dunkel é procedente da rexión de Bohemia, e xa se producía en épocas anteriores a chegadas das típicas kölsch xermanas, se caracteriza polos seus tonos morróns e os aromas doces que contrastan co amargor do lúpulo e malta oscura. En xeral eu a definiría coma unha cervexa cun aroma a café evidente.
Algún día comentarei por este espazo unha conversación moi interesante sobre as cervexas tipo Dunkel que experimentei en Dublin cun aficionado do fútbol gaélico local. O pub do que falo era o O´Neills na baixada da praza de Molly Malone cara ao Temple.

Comentarios
Publicar un comentario