Érase una vez en Hollywood
Onte acudín a sala de proxeccións local para contemplalo noveno largometraxe de Quentin Tarantino (sempre e cando tomemos como certa a súa hipótese de que a saga de Kill Bill é só unha película), o que presumiblemente será o seu penúltimo traballo.
Coma sempre a súa obra ten grandes fanáticos e fieis detractores, o que o convirte nun director de culto non apto para tódolos públicos. En principio o filme conten tódolos elementos clásicos da súa carreira: grandes diálogos, pés a esgalla, tabaco en tódalas escenas, drogas e violencia explícita. En canto a isto nada novo baixo o sol, o que si destaca é a súa tendencia nas últimas películas a formatos moi longos onde a trama é máis ben lenta, creando un clima soporífero que a moitos fanáticos non termina de convencerlles.
Este é un dos temas a criticar pola miña banda, a lentitude do argumento e o ritmo da película, xa que chega a aburrir en certas partes, onde o que o espectador visualiza non aporta nada ao desenvolvemento da trama. Tamén cabe destacar un certo estancamento nas súas homenaxes a formatos pasados que derivan no spaghetti western na maioría das ocasións.
Estes feitos non contradicen elementos moi positivos desta nova obra: atopamos, coma sempre, unha montaxe e fotografía espectaculares, onde os escenarios do Hollywood dos 70 son moi coidados, así coma as referencias a televisión da época e a ese mundo tan mitificado coma é o dos grandes actores e directores de cine. Tamén cabe destacar un Leonardo DiCaprio inmenso, o deste actor non ten nome, cada película que realiza supérase a si mesmo, sendo un dos mellores actores desta época con diferencia.
En xeral é unha película recomendada, xa que Tarantino é un director de magnitude que elaborou as súas obras magnas antano, e agora tan só queda gozar do seu cine baixo as súas condicións. Tarantino estará máis acertado ou menos, pero é dos poucos directores que manteñen vivas as salas nunha época onde xa soa antigo o de desprazarse para ver unha película na gran pantalla.



Comentarios
Publicar un comentario