Allens Boots

Hoxe achego a este blogue unha desas marcas curiosas non accesibles, a priori, polo público Europeo. Este feito nada ten que ver ca imposibilidade de mercalos seus produtos, xa que nun mercado globalizado todo está a venda internacionalmente, senón polo descoñecemento de onde adquirir determinados produtos.

Allens Boots é unha tenda minorista texana, especializada en botas de "vaquero", onde un atopa dende as clásicas botas de pel de serpente a calzado de monta ou de rancho. Poderíamos definila coma unha tenda clásica texana, onde moitos artistas de country adquiren estas clásicas botas americanas dignas dunha gran produción de western.

Na súa tenda online tamén atoparemos camisas, gravatas texanas e sombreiros de rancho. Se queres descubrila estética sureña en estado puro, a túa tenda é Allens Boots sen lugar a dúbida.


Comentarios

Publicacións populares