Polaroid (2): Cine


Hoxe achego unha nova compilación fotográfica de filmes e series que destacan pola súa fotografía e guión. Desta forma achego ao lector determinados fotogramas de películas que marcaron diferentes etapas da miña vida, continuado así esta sección do meu blogue. 
Espero que gocedes do contido aportado.

              Marion Cotillard nunha das grandes obras actuais de Woody Allen: Mindnight in Paris (unha película que aborda a vangarda artística parisina a través dunha reflexión sobre a concepción humana de que todo tempo pasado foi mellor).

Película distópica sobre bandas organizadas onde contemplamos a dureza da gran cidade nos seus sustratos máis baixos, un clásico para os amantes do xérnero.

Gran Bretaña, Mods, vespas e Rockers. Un clásico estético que achegou as tribus urbanas anglosaxonas a realidades como a nosa. Gracias a esta película forxáronse réplicas musicais ao longo do mundo.

American Beauty é unha película que marcou a miña adolescencia, a miraría mil veces, e aínda sinto formigas no estómago cos diálogos e a brillante interpretación dun Kevin Spacey na mellor etapa da súa carreira.

Novecento de Bertolucci, un clásico infumable para a maioría dos espectadores unha verdadeira gozada para os amantes da historia do comunismo en Italia e o realismo italiano. O mellor papel da carreira de Gèrard Depardieu.

Amelie é a mellor representación de Montmartre para todo estranxeiro. A obra conta cunha das mellores fotografías da historia do cine sen lugar a dúbidas.

Comentarios

Publicacións populares