Dropkick Murphys

Facía moito tempo que non "malgastaba" os cartos nun concerto, xa que os meus excesos centráronse en acompañalo Deportivo por toda a Península, e xa ía sendo hora de retomar vellas costumes e percorres kilómetros xunto a vellas amizades para gozar do show da banda de Boston. 
A derradeira vez que estes tocaron en Madrid, fai xa 5 anos, tiven a oportunidade de escoitalos en directo e alucinar ca compenetración do grupo. Desta vez aterrizaron no Palacio de Vistalegre cun novo plástico baixo o brazo e novos singles recen sacados da cadea de montaxe.

Coma sempre en Vistalegre a acústica non acompaña especialmente, prexudicando a Rude Pride na súa actuación (voz apenas perceptíbel e unhas guitarras moi baixas en comparación co resto de instrumentación). A sorte do resto dos teloneros foi a súa posta en escea acústica, plenamente esperable na actuación de Jesse Ahern, pero sorprendente na actuación en solitario de Frank Turner. Este feito non foi do agrado do "respectable", xa que esperaba a banda de Turner no escenario coma en tódalas súas xiras; isto non quere dicir que o concerto fora malo, pero un escenario desta embergadura non está preparado para un concerto tan pausado e falto de ritmo.
Tralos dificultosos preliminares chegou o orgasmo da noite, xa que os Dropkick saíron con todo o arsenal para o agrado dunha lexión de fans ataviados cunha mistura de prendas irlandesas e marcas casuals británicas. 
O repertorio da banda gaña e moito ao misturalos temas máis clásicos do grupo cas novas cancións de "11 Short Stories of Pain and Glory", destacando na miña opinión a xenial interpretación de "Paying My Way" (a dificultade dos medios tempos nun espectáculo desta magnitude é profundamente complicado, pero salvaron os mobles dunha forma brillante).
En canto a estética e posta en escea esta mellorou e moito a que habitualmente levan aos festivais, demostrando unha vez máis que as bandas dan o mellor de sí nas súas propias xiras, demostrando un nivel de compenetración entre os músicos máis que salientable. É de agradecer o abandono dunha pirotecnia pouco apropiada para a música do grupo, introducindo unha estética máis sobria e elegante que acompaña perfectamente as diferentes tonalidades dos temas interpretados.
Cabe destacar un peche final ao puro estilo dos Dropkick Murphys, subindo ao público a interpretar unha emocionante "Until The Next Time" que deixounos a tódolos presentes con ganas dunha nova entrega dos músicos de Boston.
The Boys Are Back

                         

Comentarios

Publicacións populares