Polaroid (1): Elegancia Británica

Tras un mes de intenso traballo volto con forza ao blogue inaugurando unha nova sección (a que denominei "Polaroid") que espero que sexa ben recibida (xa consultarei se este formato gusta ou non, pero polo menos terá 3 entradas). Esta nova sección compila fotografías que me gustan especialmente e atopo de interese, recollendo nesta primeira entrega imaxes que transmiten elegancia e saber estar, especialmente relacionados ca imaxe da campiña inglesa e a sobriedade que a caracteriza. 
Aprobeito para lembrarvos que actualizo taboleiros frecuentemente na miña conta de Pinterest.

Cazador das Midlands con atuendo clásico para a caza da perdiz, acompañado de dous Coker Spaniel de terra. Combina tartán con gorra típicamente británica.

Velero en ceñida no Canal de la Mancha.

Chalecho de Harris Tweed tipicamente escocés, producido na illa de Harris, situada ao oeste das Highland´s.

Paseo a cabalo polo bosque de Rothiemurchus (Escocia)

Novo atuendo de Tweed para cazador, desta vez combinado cun reloxo de edición limitada da compañía Vacheron and Constantine (marca clásica suiza de alta calidade).

Típico abrigo casual da campiña producido por Barbour en conmemoración ao seu 125 aniversario. Unha prenda de luxo para climas medios.

Comentarios

Publicacións populares