Late Night

Cada día sorpréndome máis da opinión xeral do público español cara ao formato "de moda" da palestra televisiva, xa que este entende coma unha gran revolución programas como "La Resistencia" onde as entrevistas adquiren un toque picante e desenfadado onde un non sabe exactamente quen ten o papel protagonista nas entrevistas.
Este formato non é outro ca o do Late Night, unha concepción de programa que non require especial atención por parte do espectador, xa que os chistes repetitivos e unha estrutura de guión acotada permite que a fidelidade cara este tipo de programas sexa moi alta. A concepción destes programas baséase nunha idea mixta: por unha parte un contido entretido que non sexa denso para o público obxectivo (que chega do traballo e non pretende activarse intelectualmente) e uns entrevistados que abarcan dende futbolistas e deportistas de elite a científicos ou escritores.
Esta revolución da programación española, que racha cuns programas de entrevistas nocturnos anticuados, non é máis ca unha adaptación do clásico americano de Johnny Carson, o gurú das noites típicas americanas (no noso caso concreto sería Andreu Buenafuente); ao que se contrapón un formato máis xuvenil e picante coma o programa de Letterman (o homólogo do noso Broncano).
A aposta por este formato pasa pola creación dunha nova canle de pago coma é #0, un homólogo da famosa televisión por cable norteamericana, onde a rendibilidade do formato pasa pola fidelización do cliente obxectivo, e non pola aposta de formatos aptos para toda a "familia". 
Se todo sigue así, tan só faltaría o rexurdimento  das sitcom ca aparición dun Larry David ibérico que adapte o humor de Seinfeld ao público peninsular. Nese caso sería un feito que a televisión española igualaría a millor televisión americana de comezos dos 80.


Comentarios

Publicacións populares