The Toys That Made Us

Hoxe achego esta Serie-Documental ao blogue, da que quedei gratamente sorprendido tras visualizalas dúas primeiras tempadas (deixándome cun gran sabor de boca para o estreno da terceira neste vindeiro mes de Novembro).
Esta serie profundiza na industria dos xoguetes, analizando as súas funcións na sociedade e contemplando a incidencia destes nas novas xeracións e nas máis vellas. Cada capítulo céntrase nunha industria xoguetera que revolucionou a sociedade en diferentes momentos (destacando principalmente a gran década dos anos 70), dedicándolle capítulos a elementos tan clásicos coma Barbie, G.I. Joe, Star Trek ou LEGO.
Este formato de serie documental focalizado en elementos da Historia Actual é unha perdición para a miña persoa, xa que permite aprender e lembrar vellas épocas onde un xoguete abría un novo mundo de posibilidades na imaxinación de cada rapaz e rapaza (feito moi afastado da nova tendencia electrónica e audiovisual). 
Na gramola soa "Smoking Cheeba Cheeba" da Harlem Undergound Band, tema que coñecín a través doutro gran documental chamado "Grass is Greener" onde analizase a historia do consumo recreativo de Cannabis a través da historia negra.


Comentarios

Publicacións populares