Natasha Lyonne

Hoxe falaremos desta actriz, recentemente catapultada a fama pola súa interpretación de Nicky na serie carcelaria Orange is the New Black, que non ten perda. 
Tras darlle unha oportunidade a serie de Netflix Russian Doll quedei gratamente sorprendido pola capacidade desta actriz a hora de transmitir e actuar. As súas personaxes marcadas por unha personalidade espiritual e pasota, somerxidas nun círculo vicioso de adicións, son obras de arte; chegando a trasladalo espectador a un mundo onde a traxicomedia ábrese paso dunha forma sinxela e sincera. A empatía producida por Lyonne é espectacular, xa que as súas personaxes non son seres desexables en absoluto, pero un remata ca sensación de precisar na súa vida a unha persoa coma ela.
A actriz neoiorquina naceu nunha familia xudía profundamente ortodoxa, feito transmitido en tódalas súas obras, e como non podía ser doutra maneira deulle unha oportunidade na gran pantalla o mismísimo Woodey Allen (coñecido pola súa vinculación cómica co xudaísmo, testigo recollido brillantemente por Lyonne). A súa vida estivo marcada polas adicións as drogas, concretamente a heroína, e a numerosos escándalos que a acompañaron toda a súa vida dende que era cativa (foi expulsada dun colexio integrista xudeu pola venda de Marihuana, dasafiuzada de numerosos pisos pola organización de festas frenéticas e surrealistas, detencións por conducir borracha, non comparecencias ante o xuíz tras varias detencións, etc.), pero moldeando unha personalidade inquietante e profundamente atractiva.
A carreira de Lyonne atópase aos 40 anos na súa cima, sendo para min unha das mellores actrices na actualidade. Recomendo profundamente Russian Doll, non vos arrepentiredes.


Comentarios

Publicacións populares