Bunbury (1)
Don Enrique Ortiz de Landázuri Izarduy é un deses artistas que non deixan indiferente a ninguén. O zaragozano non se casa con ningún estilo nin proxecto, é un deses vellos bohemios que fai o que quere cando quere, sen esperar nada do resto porque non depende de opinións alleas para realizalo seu traballo con mestría.
Toca recoñecer, gústeche ou non, que o que fora vocalista do icónico grupo de rock "Héroes del Silencio" tomou unha decisión inusual respecto aos seus compañeiros de profesión, xa que deixou o grupo do que era líder indiscutible, no momento máis álxido da súa fama, para embarcarse en proxectos persoais que rompían con toda a liña musical que fixera ata o momento. Este feito destaca unha personalidade forte que rompe con todo o que non lle convenza, xa que calquera outro mantería a o proxecto que lle dá de comer e experimentaría cos seus discos en solitario, pero Bunbury non é deses artistas.
Nada máis romper coa banda que o levou a fama sacou o disco máis disparatado e innovador da súa carreira: o Radical Sonora. Na miña opinión un sencillo que buscaba romper completamente co que fixera ata o momento, xa que os sonidos electrónicos deste disco supuxeron unha revolución no seu fandom (chegando ao punto de ser agredido en varios concertos e abucheado). O Radical Sonora foi un novo comezo, xa que apartou aos seguidores máis "puristas" da súa obra, permitíndolle licencias a hora da composición.
Tralo controvertido sencillo publicou Pequeño, un dos mellores discos da súa carreira con diferencia, co que achegou a súa nova proposta musical a novos oíntes que nunca antes fixáranse neste rockero. Formou unha nova banda para este discos, que lle acompañaría nos seus seguintes traballos, chamada "El Viejo Huracán Ambulante". Esta banda aportaría unha nova forma de facelas cousas, no que predominaban os sons mediterráneos acompañados cunha forte presenza de ventos.
A discografía de Bunbury, a partires deste momento, caracterizouse por unha composición completa, no que o disco non so é un conxunto de cancións, senón que forman parte dunha historia. Dende o deseño, os videoclips, os sons e a pose estética sobre o escenario vincúlante a unha viaxe completa por diferentes xeografías do mundo, por climas inesperados e aventuras sen parangón.
Tal e como reza a contraportada do formato "digipack" de Radical Sonora: "Instrucciones de uso: Líese un buen canuto de hachís. Escúchese a un volumen muy alto, muy a oscuras y preferiblemente cuando se esté muy solo".




Comentarios
Publicar un comentario