Nick Cave
Se un día levantara e me preguntaran quen é o meu referente musical internacional diría sen dubidalo que Nick Cave & The Bad Seeds (aínda que a miña devoción polas súas colaboración cinematográficas con Warren Ellis son tamén coñecidas polas miñas amizades).
Este músico de orixe australiano, membro dunha familia anglicana cun nivel sociocultural moi alto, experimentou dende moi mozo con sons que ían dende o Punk ata o máis melódico. Todo isto bañado na principal gasolina dos artistas: alcohol e drogas.
O súa música é máxica, envolvente, emocional; consegue trasladarte a o máis bonito dos ceos e baixarte ao inferno con facilidade. Melodías e harmonías moi traballadas que rozan o relixioso, con subidas e baixadas de tolería con estruturas dignas do Metal extremo. Xa de establecer unha comparativa eu diría que Nick Cave representa o Black Metal melódico, a frustración e o medo co natural, a beleza da vida en estado puro.
Toda esta maxia de alto nivel musical mestúranse con algo fundamental: unha pose e unha actitude magnífica. A presentación dos seus discos non son usuais, xa que son capaces de trasladarte a épocas remotas ou a paisaxes propias do romanticismo, a súa pose sobre o escenario denota elegancia e sobriedade. a enerxía que rodea a presentación en directo e ao grupo musical permiten unha experiencia mística só posíbel nos seus shows. En definitiva: para min é un verdadeiro visionario que pon a banda sonora da miña vida.
Se tivera que recomendar un elepé (xa que a risco de soar pedante este artista merece un reprodutor de vinilos en condicións) escollería sen dubidalo Murder Ballads. Unha experiencia que marcará a vosa vida, volo aseguro.



Comentarios
Publicar un comentario