Adidas Kamanda

Hoxe comparto un deses deseños que nunca me convenceu de Adidas, un estilo pouco habitual nunha marca que se caracteriza polos estilos sobrios, cun corte clásico, focalizado nas tres franxas que fan que as súas pezas sexan recoñecibles sen a necesidade de estampalo logo en grandes dimensións.
Refírome as Adidas Kamanda, creadas nos anos 80 para render homenaxe as míticas "Samba" e ao estilo do fútbol. Claramente este deseño ten un enfoque claro da súa xeración, onde a búsqueda da "modernidade" convertía os produtos en prendas pouco poñibles con imitacións dunha realidade futurista utópica.
A medida que pasan os anos valoro máis esta clase de deseños, ata o punto de pensar en mercalas en canto chegue a nómina. Os tempos cambian, e os meus gustos varían con eles mantendo unha liña estrita: prendas sobrias e de calidade que antepoñen o texido e a exclusividade a marca en cuestión. Seguramente remate por mercalas, o dificil será conviñalas co meu estilo, pero xa non as miro coma unhas zapatillas feas, senón coma un clásico dunha época concreta.
De fondo soan as sirenas dos buques que un día máis aproxímanse cara o porto.


Comentarios

Publicacións populares