Unha Forma de Vida

Dende cativo existiu en min un certo gusto polo antigo, polos tesouros agochados nas vellas illas do Caribe e un certo espíritu aventureiro inspirado nas novelas de Stevenson. 
Estes gustos sempre estiveron macerados nunha certa paixón polo clasicismo a tódolos niveis, a búsqueda da tradición coma un aspecto cultural básico que moldea o millor das sociedades. En todo caso,
as miñas orixes son católicas no plano cultural e, polo tanto, a comunidade e a familia cobran especial relevancia na miña vida.
Hoxe en día o clasicismo estético e social adquiren matices peiorativos relacionados con movementos políticos vidos a máis e por tribus urbanas que condicionan o teu ser. A tradición en numerosas ocasión pode "chocar" frontalmente co feminismo (na súa vertente máis conductual), ou percibirse coma unha moda Hipster (en certa decadencia no ano 2019). Pero en ningún caso estas acepcións reflexan os matices que pretendo expresar mediante esta entrada, xa que o concepto "tradición" varía co paso do tempo, adáptandose a novas fórmulas e evolucionando; pero sempre mantendo un elemento básico: a confrontación directa cun mundo globalizado onde todo ten un prezo, onde o cultural difumínase entre McDonald´s e Ikea´s. 

Por este motivo, neste mundo en constante cambio, opto pola escritura como medio de difusión das miñas ideas, evitando elementos audiovisuais e recuperando a escrita coma un reflexo da ialma máis profunda.
Mentras soa Something On Your Mind de Karen Dalton na gramola encendo un Ducados cun vello mecheiro Zippo heredado do meu pai, pensando que mañá tocará traballar (coma tódolos días últimamente) e notalo nordés na cara mentras o Ulla cuspe a súa clásica néboa de tódalas mañás. 

Comentarios

Publicacións populares