Rutina e Clase Obreira
O outro día falaba cun amigo da necesidade de acadala abstracción no pouco tempo libre que temos, a dificultade de disfrutar dun ocio alternativo que aporte culturalmente sen descoidalo social. Moitas veces, aínda que existan estes plans, resultan moi caros ou quedan moi lonxe da casa, e por non falar desa sensación noxenta de que un sobra nun espazo dese tipo pola clase de xente que acude.
A realidade é que como traballadores cada día traballamos máis por menos cartos, que a nosa rutina nos empurra a traballar a reo ata que o fin de semana póstrase ante nós. E cando chega dito momento peregrinamos a cantina a palialas penas con alcohol, moito alcohol, o suficiente para desconectar do que verdadeiramente importa e así esperalo Domingo para ilo Estadio cos amigos a disfrutar dunhas cervexas mentres o teu equipo non salta ao campo.
E esa é a nosa vida: traballo, alcohol e fútbol, pouco máis se non pasa pola cabeza. ¿Pero sabedes qué? é a Nosa Vida, e a disfrutamos coma cativos na nosa tediosa rutina.
Na computadora soa San Quentin de Johnny Cash no seu mítico directo dende a cadea, mentres que o meu corpo pide descansar trala inmensa borracheira da noite pasada.

Comentarios
Publicar un comentario